“En FISIOTERAPIA QUEITANO realizamos unha abordaxe global do paciente, intentando atopar a causa dos síntomas. Traballamos, deste modo, en contraposición á fisioterapia tradicional, na que o obxectivo principal é o síntoma. Asimesmo, defendemos que non existe unha terapia absoluta, polo que intentamos buscar o equilibrio combinando e adaptando a cada individuo as técnicas necesarias, para buscar o obxectivo final, que é mellorar a calidade de vida do paciente."
Fisioterapia Queitano - AVISO
Non acudir á clínica sen cita; só se atenderán pacientes con cita previa.
Para citas ou consultas utilizaranse exclusivamente as seguintes canles:
982441673 · 604034849 (whatsapp)
juan@fisioterapiaqueitano.com · info@fisioterapiaqueitano.com
Coñece as MEDIDAS HIXIENIZANTES que aplicaremos e as INSTRUCCIÓNS PARA O PACIENTE antes de acudir a clínica.
A profesionalidade coa que tratamos a todas e cada unha das persoas que confían en nós.
Juan Ramón Vázquez Sánchez Xerente Fisioterapia Queitano
A formación continua que nos permite a todo o equipo ampliar os nosos coñecementos e coñecer novas técnicas para ofrecer unha mellor e máis rápida recuperación do seu benestar.
Juan Ramón Vázquez Sánchez Xerente Fisioterapia Queitano
A honestidade que garantiza aos nosos pacientes que tratemos unicamente aquelas doenzas que pertencen ao noso ámbito, derivando as restantes ao profesional adecuado, e que tratemos de conseguir os nosos obxectivos co menor número de sesións posible.
Juan Ramón Vázquez Sánchez Xerente Fisioterapia Queitano
Contamos con profesionais de ampla experiencia no campo da fisioterapia. Estamos sempre en continuo reciclaxe para ofrecer o mellor tratamento aos nosos pacientes.