Acupuntura

O HOME RESPONDE AO CEO E Á TERRA

A acupuntura forma parte da medicina tradicional china, a cal engloba unha serie de leis e principios que lle permiten entender ao home como un ente enerxético sometido ao influxo de enerxías que proveñen do Ceo e a Terra e, por tanto, susceptible ás variacións do mesmo.

A medicina tradicional china non é só un método de diagnóstico e tratamento, senón que se trata dunha auténtica filosofía. Dito isto podemos expoñer, de forma moi xeral, os grandes axiomas da acupuntura:

  • Non hai enfermidades, senón enfermos. É importante personalizar o tratamento.
  • A enfermidade leva un proceso evolutivo que por seguir leis preestablecidas, pódense determinar e prever. Isto básase na lei da autorregulación dos 5 movementos, onde tódolos órganos e vísceras están relacionados entre sí e coa natureza.
  • A acupuntura básase na existencia da enerxía como fonte integradora e reguladora.
  • A enfermidade non ten nome, é un estado de desequilibrio enerxético que se pode manifestar por unha carencia ou exceso.
  • O desequilibrio enerxético, que é sempre causa dalgunha patoloxía, manifestarase cunha maior sintomatoloxía perfectamente definida de cuxo coñecemento dependerá en gran parte a eficacia do tratamento.

A través da acupuntura establécese un diagnóstico bioenerxético. A partir dela regulamos o desequilibrio enerxético encontrado a través das canles de enerxía, os meridianos. Cada órgano e víscera posee unha canle de enerxía e é aí onde se encontran os diferentes puntos de acupuntura.

//fisioterapiaqueitano.com/wp-content/uploads/2017/02/Acupuntureeee.png