Fisioterapia

TRATAMENTO POR MEDIO DO EXERCICIO TERAPÉUTICO

A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a fisioterapia como: "a arte e a ciencia do tratamento por medio do exercicio terapéutico, calor, frío, luz, auga, masaxe e electricidade".

Pola súa parte a World Confederation for Physical Therapy (WCPT - Conferación Mundial de Fisioterapia) defínea como: “A arte e a ciencia do tratamento físico, é dicir, o conxunto de técnicas que, mediante a aplicación de axentes físicos, curan, prevén, recuperan e readaptan aos pacientes susceptibles de recibir tratamento físico".

Os axentes físicos aplicados en fisioterapia poden clasificarse según a súa natureza en:

  • Axentes cinéticos ou mecánicos: cinesiterapia (movemento), masoterapia (masaxe), terapia manual e ultrasons terapéuticos.
  • Axentes térmicos: termoterapia (calor) e crioterapia (frío).
  • Axentes electromagnéticos: correntes, diatermia (microonda, onda corta…)
  • Fototerapia: láser e radiación infravermella e ultravioleta.
//fisioterapiaqueitano.com/wp-content/uploads/2017/02/fisio-11-1.png

Con fisioterapia tratamos no noso centro todo tipo de patoloxías de diversas especialidades médicas como:

  • Traumatoloxía e ortopedia: problemas de espalda (escoliose, lumbalxias, ciáticas, dorsalxias, cervicalxias), fracturas, luxacións, esguinces, roturas fibrilares…
  • Reumatoloxía: lupus, artrite reumatoide, artrose (desgaste), espondilite anquilosante, fibromialxia...
  • Neumoloxía e cardioloxía (fisioterapia respiratoria): EPOC, enfisema pulmonar, cirurxías cardíacas…
  • Neuroloxía: ACV, escleroses múltiples, ELA, parkinson, parálise cerebral infantil.
  • Oncoloxía: linfedemas.