Os nosos valores

“Os valores que defendemos en Fisioterapia Queitano están fortemente vinculados ás ensinanzas que recibimos ao longo dos anos por parte das nosas familias e que se reflicten non só no noso traballo, senón tamén no noso propio nome, Queitano. Unha pequena homenaxe ás miñas raíces e á sabiduría do meu avó materno, apodado desta maneira”

Photo of Juan Ramón Vázquez Sánchez Juan Ramón Vázquez Sánchez Xerente Fisioterapia Queitano

Os Nosos Valores

Estes valores tradúcense cada día nun forte compromiso cos nosos clientes, o cal ten como pilares fundamentais:

A Profesionalidade

A Profesionalidade

A profesionalidade coa que tratamos a todas e cada unha das persoas que confían en nós.

A Experiencia

A Experiencia

A experiencia coa que conta o noso equipo, o cal se traduce nun bo diagnóstico e a mellor terapia posible.

O Tratamento

O Tratamento

O tratamento personalizado que recibe cada paciente, pois requerimos terapias diferentes e evolucionamos de distinta maneira.

A Formación

A Formación

A formación continua que nos permite a todo o equipo ampliar os nosos coñecementos e coñecer novas técnicas para ofrecer unha mellor e máis rápida recuperación do seu benestar.

A Honestidade

A Honestidade

A honestidade que garantiza aos nosos pacientes que trataremos únicamente aquelas doenzas que pertencen ao noso ámbito, derivando as restantes ao profesional adecuado, e que trataremos de conseguir os nosos obxectivos co menor número de sesións posible.