Osteopatía

O MOVEMENTO É VIDA

A osteopatía é un  método global de diagnóstico e tratamento manual cuxo principal obxectivo é encontrar e tratar aquelas disfuncións, articulares, tisulares, viscerais ou craneais para restablecer o equilibrio do corpo humano. Define a enfermidade como unha alteración na estrutura en diferentes partes do corpo (ósos, fascias, vísceras, glándulas…).

Mediante este método axudamos á capacidade de autocuración do corpo humano, liberando de obstáculos estruturas nerviosas, linfáticas e vasculares.

Tendo en conta a estrutura tratada existen diferentes técnicas osteopáticas:

  • OSTEOPATÍA ESTRUTURAL: dirixidas a estruturas articulares, musculares, ligamentosas… para correxir subluxacións encontradas. Como exemplos de patoloxías que se ven beneficiadas por estas técnicas:
    • Lumbalxias, cervicalxias e dorsalxias
    • Ciáticas
    • Hernias discais.
    • Artrose
    • Esguinces
    • Problemas meniscais
    • Tendinite
    • Escoliose
    • Pubalxias
    • Problemas de mandíbula
  • OSTEOPATÍA VISCERAL: actuamos nas vísceras mellorando a súa funcionalidade, e axudando a mellorar diversos síntomas ocasionados por unha patoloxía:
    • Dixestiva: dixestión lenta, hernia de hiato, ptose de estómago, estreñemento, colite…
    • Pulmonar
    • Cardiovascular
    • Xinecolóxica: disminorrea, amenorrea, prolapso...
  • OSTEOPATÍA CRANEAL: enfocada a mellorar a movilidade e elasticidade dos ósos e suturas de cráneo.
    • Problemas de mandíbula (A.T.M.): bruxismo
    • Cefaleas
    • Migrañas
    • Sinusite
    • Otite
    • Neuralxias
//fisioterapiaqueitano.com/wp-content/uploads/2017/02/osteo1.png

Debido á relación existente entre tódalas estruturas do organismo, cando realizamos un diagnóstico osteopático dos síntomas que refire o paciente e plantexamos un tratamento, actuamos en diferentes estruturas (articulacións, vísceras, cráneo, sistema linfático e vascular…). Por exemplo unha dor lumbar a grandes rasgos pode ser ocasionada por unha alteración articular, discal, muscular, problema xinecolóxico,  estreñemento… O noso principal obxectivo é descubrir a verdadeira causa dos síntomas, aínda que normalmente se trata dunha etioloxía multicausal.